❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

¡Visita la caseta virtual!
Discover them all

Devotos do Destino

Gustaríame contar convosco para ver o nacemento do meu primeiro libro de poesía narrativa e fotografía

Ainhoa Conde Castro

A project of

Category

Created in

0
seconds
22
Pledges
495€
From 450€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Devotos do Destino

Devotos do Destino representa unha amalgama de narrativa lírica, música, navegación, metafísica, reflexión interna e sentimentos por Galicia e mailo océano, cun ritmo áxil coma a viaxe dunhas ondas cara á praia, e profundidade coma o intervalo entre mareas.

Os fragmentos, baseados practicamente na súa totalidade, en vivencias persoais da autora, reflicten 66 historias de amor e desalento, loita, sacrificio, ledicia e morriña.

Preséntanse en forma de cancións que marcaron a traxectoria da escritora dende o ano 2017 ata a actualidade, adoptando a disposición dunha melodía infinita que compón a banda sonora do seu andar.

Esta escolma de lectura fresca e renovada, acompañada por fotografías da autora, incorpora meditacións, inquedanzas e sentimentos que se pronuncian en voz alta en apenas uns minutos, pero que emocionan toda unha vida.

Porque hai versos que se deben de vivir, é momento de mergullarse nun labirinto de palabras no que cada lector poderá verse reflexado, sempre e cando admita na súa pel ser un Devoto do Destino.

E a recompensa polo mecenazgo?

De seguro que andarás preguntándote que recibirás a cambio da túa cooperación no proxecto. A ver que che parece:

  • Por cada 15 euros investidos, recibirás un exemplar de Devotos do Destino asinado pola autora, con adicatoria personalizada para quen se desexe. En caso de investir múltiplos do 15, a recompensa implicará o número proporcional de exemplares (para 30, 2; para 45, 3, etc), todos eles asinados pola autora e con adicatoria personalizada para quen se desexe.

Adicionalmente, para cuantías superiores aos 15 euros:

  • Por cada 30 euros investidos, un poema narrativo de 10 renglóns, personalizado.

  • Por cada 45 euros investidos, un poema narrativo de 20 renglóns, personalizado.

  • Por cada 60 euros investidos, un poema narrativo de 25 renglóns, personalizado, cunha fotografía tomada especificamente para acompañar ao poema.

  • Para cuantías superiores, consultar sobre a recompensa coa autora.

Quen son?

Chámome Ainhoa Conde e son inspectora de seguridade marítima e poeta de contrabando. Vivo na Costa da Morte, e dende cativa obtiven premios literarios e fotográficos.

Por medio das redes sociais, algúns seguidores me puxeron en contacto con grupos de poesía, como a NPG (Nova Poesía Guitirica).

Este grupo impulsoume a preparar este proxecto, que conta co respaldo da Editorial Medulia, e ten previsto ver a luz nesta primavera.

A autora, Ainhoa Conde
A autora, Ainhoa Conde

A que destinaremos as vosas achegas?

Precisamente, a editorial Medulia esixe ter un a garantía de que se venderán un mínimo de exemplares. Por iso, por cada 15 euros de contribución, adquiriredes un exemplar de Devotos do Destino. Axudádesme?

Calendario previsto

Temos pouco tempo, ata o 20 de abril, posto que o libro debería de imprimirse na primavera.

E cando poderedes recibir as vosas recompensas? Tan pronto coma o libro estea impreso farémovolo chegar. E con respecto ás poesías personalizadas, poderedes solicitalas tan pronto como remate a campaña, a partir do 20 de abril.

20 de abril
20 de abril

Máis información

Podedes botar unha ollada á evolución do proxecto nas seguintes redes sociais:

RRSS da autora:
Facebook Ainhoa Conde
Instagram Ainhoa Conde

Páxina de Facebook da Nova Poesía Guitirica
Páxina de Facebook de Medulia Editorial

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

8 comentarios

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Francesc Arrabal Bustins

    Francesc Arrabal Bustins

    about 2 years

    A por todas Ainhoa!!!!💪💪💪

  • Francesc Arrabal Bustins

    Francesc Arrabal Bustins

    about 2 years

    A por todas Ainhoa!!!!💪💪💪

  • Pilar

    Pilar

    about 2 years

    Te deseo muchos éxitos preciosa y espero poder disfrutar pronta de tu obra. Bicos mil !!

  • Edu

    Edu

    about 2 years

    Mi más sincera enhorabuena a Ainhoa. Te deseo lo mejor del mundo. Mil bicoooossssssss

  • Cristina Agudo Alvarez

    Cristina Agudo Alvarez

    about 2 years

    Ánimo, eres una escritora maravillosa

  • Rosabel Lage Casado

    Rosabel Lage Casado

    about 2 years

    Qué tu libro viaje por todo el mundo!

  • juaninitoONfire

    juaninitoONfire

    about 2 years

    Las ansias traducidas a horas son interminables :D

  • Suso Cochón

    Suso Cochón

    about 2 years

    Con gañas de telo entre as mans! Ánimo co proxecto!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy